top of page
Image by Sigmund

Participa!

A idea é organizar a voluntarios que recollan sementes, que as planten coas condicións axeitadas nos seus hortos ou xardíns,  que as coiden para que xermolen e cando estean listas transplantalas ás leiras que Betula ten en custodia.

Ciencia cidadá

Este proxecto baséase en parte no concepto de ciencia cidadá, a ciencia cidadá refírese á investigación científica que conta coa implicación activa do público non especializado xunto con científicos e profesionais.

O viveiro distribuído

Normalmente, un viveiro sitúase nun lugar concreto e é coidado e vixiado por un número reducido de persoas. Isto implica que teñen que achegar unha gran cantidade de traballo e esforzo para levalo adiante, e iso non é doado realizalo dende a asociación.

Por iso queremos crear un viveiro que estea espallado polas hortas e xardíns dos socios que queiran colaborar e así repartir estas tarefas entre todos.

Como participar?

Se queres colaborar no viveiro comunitario, e tes un xardín ou horto á túa disposición, o único que tes que facer é poñerte en contacto con nós para poder coordinar o proxecto.  Logo só tes que seguir as convocatorias que iremos realizando para facer as recollidas de sementes e explicación dos pasos para a xerminación de cada unha delas e dos seus coidados.

Fai medrar as sementes

Seguindo as indicacións que daremos nas xornadas de recollida, e coa información das páxinas de cada árbore que tes no apartado Sementa árbores, fai que as sementes xerminen e cóidaas para que medren nas mellores condicións.

Levar ó monte!

Cando os plantóns teñan o tamaño axeitado faremos unha convocatoria para realizar o transplante nos lugares máis axeitados das leiras de Betula. Tan só terás que achegarte coas túas árbores e, entre todos, faremos unha xornada de resilvestración do bosque.

bottom of page