Pereira brava
A pereira brava, Pyrus cordata, é unha árbore de pequeno porte do xénero Pyrus e o seu froito é coñecido como pero ou periño.
A pereira brava gusta dos sitios húmidos, como as beiras dos ríos e fragas de caducifolias. É común en toda Galicia.
Recollida da semente
As peras maduran a finais do verán e en outono, cando o froito engrosa e colle cor marrón. Quitar as sementes do froito, secar un pouco e gardar nun sitio fresco.
Preparación da semente
Se a plantación é no seu tempo, no outono, non fai falta facer ningunha preparación.
Se a plantación vai facerse en primavera, hai que estratificar as sementes a 1º-4º durante o inverno. Cando xerminen as sementes, pasalas ó semilleiro ou invernadoiro durante un ano.
Plantación da semente
As sementes poden plantarse no outono directamente no semilleiro. Hai que enterralas a pouca profundidade e xerminarán a mediados ou finais do inverno.
Se foron previamente estratificadas poden plantarse en primavera. Así que as sementes xerminen e poidan manipularse, plantar con moito coidado no semilleiro enterrando lixeiramente.
Transplante
Prefire boa terra ben drenada a pleno sol. Medra ben en chans arxilosos pesados. Tolera a sombra lixeira pero non frutifica tan ben Tolera a contaminación atmosférica, a humidade excesiva e unha variedad de tipos de chan se son moderadamente fértiles.